DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2008 Páx. 11.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión delas, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

Advertidos erros na Orde do 28 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B), publicada no DOG nº 8, do 8 de maio de 2008, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 8.275 no anexo A, Referenciais subvencionables, deben engadirse os seguintes referenciais:

Ver referencia pdf "11500D002P008.PDF"