DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2008 Páx. 10.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de maio de 2008 pola que se ordena a publicación do Acordo do 24 de abril de 2008, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza o asinamento do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino.

Advertido un erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 104, do venres 30 de maio de 2008, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 10.085, no encabezamento do anexo II, onde di: «Publicación xaneiro DOG (€); Publicación agosto DOG (€); Publicación DOG setembro-decembro €)», debe dicir: «Xaneiro-Publicación DOG; Publicación DOG-agosto; Setembro-decembro».