DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2008 Páx. 10.568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2008, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2008.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2008, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008.

Mª Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

Ver referencia pdf "10800D003P019.PDF"