A Resolución do 26 de decembro de 2007 (DOG do 4 de xaneiro de 2008) regula a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega nos ámbitos da familia, da infancia, da mocidade e do tempo de lecer.
Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ao abeiro do artigo 4 da devandita resolución, esta secretaría
DISPÓN:
Artigo 1º
A concesión de axudas na contía que se indica aos proxectos relacionados no anexo I. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Resolución do 26 de decembro de 2007.
Artigo 2º
Desestimar as solicitudes que aparecen relacionadas no anexo II por non atender o requirimento de emenda de erros na forma e/ou no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 3º
Excluír os proxectos relacionados no anexo III por seren presentados fóra do prazo establecido na convocatoria.
Artigo 4º
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Artigo 5º
De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento co disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas así como ás sancións impostas aos beneficiarios.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2008.
María Sol López Martínez
Secretaria xeral de Política Lingüística
Ver referencia pdf "10800D003P019.PDF"