DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2008 Páx. 10.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no último cuadrimestre.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral de Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2008, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2008.

Manuel Luís Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración

Ver referencia pdf "10800D001P008.PDF"