DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2008 Páx. 10.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de decembro de 2007 pola que se anuncia convocatoria pública de axudas e subvencións ao sector escénico e musical para o ano 2008.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do luns 14 de xaneiro de 2008, cómpre realizar a seguinte corrección:

-Na páxina 864, columna dereita, cláusula 7ª, letra a), punto terceiro,

onde di: «-Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida. (Sobre este aspecto, as entidades adxudicatarias da modalidade C.2 deberán xustificar para o seu cobramento o 100% dos gastos efectivamente realizados, sobre a base da porcentaxe máxima que o IGAEM subvenciona con respecto do custo total do proxecto de distribución presentado.)»; debe dicir: «-Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida. As entidades adxudicatarias da modalidade C.2 deberán xustificar para o seu cobramento o 100% dos gastos efectivamente realizados, sobre a base da porcentaxe máxima que o IGAEM subvenciona con respecto do custo total do proxecto de distribución presentado. As entidades adxudicatarias da modalidade C.4. estarán exentas da presentación desta documentación.».