DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2008 Páx. 10.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2008, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a do 8 de maio, pola que se fixa o procedemento, o lugar e o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas de acción social do ano 2007.

Dando cumprimento ao disposto nas normas xerais 3 (Solicitudes e documentación) e 5 (Prazo e lugar de presentación das solicitudes), dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio do ano 2007, ditouse Resolución do 8 de maio de 2008 pola que se fixaba o procedemento, o lugar e o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas de acción social do ano 2007.

O número 1 do punto primeiro da dita resolución establecía que o prazo para cubrir os formularios electrónicos e presentalos, unha vez impresos, ante as unidades certificadoras, comezaría o 22 de maio de 2008 e remataría o 6 de xuño de 2008.

Desde a apertura do prazo para xerar as solicitudes producíronse problemas técnicos de acceso e de utilización do sistema que supoñen a redución efectiva do prazo concedido e aconsellan a súa prórroga.

En consideración ao exposto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modificar o parágrafo segundo do número 1 do punto primeiro da Resolución do 8 de maio de 2008, pola que se fixa o procedemento, o lugar e o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas de acción social do ano 2007, cuxo teor literal pasa a ser o seguinte:

O prazo para cubrir e presentar as solicitudes impresas comezará o 22 de maio de 2008 e rematará o 10 de xuño de 2008.

Segundo.-Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2008.

Mª del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública