DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 03 de xuño de 2008 Páx. 10.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2008/2009 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia.

Con data do 4 de marzo de 2008 publicouse a Orde do 27 de febreiro de 2008 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2008/2009.

Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola delegada provincial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas delegacións provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, nas páxinas web (http://vicepresidencia.xunta.es) e (http://www.galescolas.net) e nos respectivos centros.

As/os solicitantes admitidas/os dispoñen dun prazo de dez días naturais, desde o 1 ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado de certificado médico da/do nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web (http://vicepresidencia.xunta.es) e (http://www.galescolas.net).

Se non se formaliza a matrícula da/do nena/o no prazo sinalado, considérase decaída/o na súa solicitude.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso de alzada ante o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de maio de 2008.

Mª Tereixa dos Anxos Novo Arrojo

Delegada provincial da Coruña