DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2008 Páx. 10.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 2008, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes xustifícase pola necesidade de adaptala ao Decreto 51/2008, do 6 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, publicado no Diario Oficial de Galicia do 27 de marzo de 2008.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 15 de maio de 2008, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de maio de 2008, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, coa finalidade de cumprir o devandito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "10400D002P006.PDF"