DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2008 Páx. 10.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de decembro de 2007, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Finalidade da axuda: realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.

Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2007, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2008).

Crédito orzamentario: 2.154.676,85 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.08.141.A.760.3 do exercicio 2008.

Concellos beneficiarios e importes concedidos:

Ver referencia pdf "10400D002P006.PDF"

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2008.

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo

Directora xeral de Administración Local