DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2008 Páx. 9.501

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 104/2008, do 8 de maio, polo que se afecta unha parcela situada en Ombreiro (Lugo), para usos relacionados co servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

A Consellería de Medio Rural solicitou da Secretaría Xeral e do Patrimonio, o uso dunha parcela situada no lugar de Ombreiro (Lugo) destinada no seu día a campo de tiro, o que determinou, ao abeiro do disposto no artigo 9 da Lei 3/1985, do 12 de abril, a incoación dun procedemento de afectación.

A incoación do expediente de afectación tramitouse segundo o disposto nos artigos 9 da citada Lei 3/1985, do 12 de abril, e 10, 11, 12, 13 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de maio de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Acórdase a afectación dunha parcela de 15.728 m2 situada en Ombreiro, Lugo, que linda ao norte coas parcelas de M. Martínez Ceide e outros; ao sur coa de Manuel López Castro e outros; ao leste coa de Bienvenido López López e Manuel Devesa e oeste parcela de herdeiros de Decoroso Gómez Alba e outros. Referencia catastral: 000202100PH16E0001IT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo no predio 26.945, tomo 1.063, libro 624, folio 34.

Artigo 2º.-A dita parcela quedará integrada no dominio público para fins propios do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e adscrita á Consellería do Medio Rural a quen lle corresponderán as facultades de administración, xestión e conservación.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, oito de maio de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda