DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2008 Páx. 8.726

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2008 pola que se autoriza a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para a realización dos programas e contidos formativos regulados na disposición transitoria terceira do Decreto 64/2008, do 27 de marzo, e necesarios para poder seguir exercendo a actividade profesional nos plans de explotación autorizados.

En aplicación do establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 64/2008, do 27 de marzo, e co fin de que os mergulladores titulados ao abeiro da normativa anterior non vexan paralizada a súa actividade profesional de extracción de recursos por cambios experimentados na modalidade de concesión, esta consellería, no uso das facultades que lle outorga a disposición derradeira terceira do devandito decreto,

Autoriza a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para que programe e realice a formación necesaria, co fin de que os titulados ao abeiro da normativa anterior de recolector en apnea ou submarino poidan completar a súa formación para a obtención do certificado de profesionalidade de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo, mentres dure a tramitación da orde regulamentaria.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2008.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos