DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2008 Páx. 8.718

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 8 de maio de 2008 pola que se desenvolve o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, (procedementos para os cales está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia), e queda, pois, habilitado cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:

IN410B-Subvencións para a renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

IN420A-Subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia.

IN403A-Subvencións para a mellora das infraestruturas eléctricas necesarias para as prestacións de servizos básicos de competencia municipal en concellos de menos de 5.000 habitantes.

IN303A-Subvencións encamiñadas ao fomento da seguranza e saúde no ámbito da minaría galega.

IN519A-Axudas encamiñadas a habilitación e mellora das infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia.

IN527A-Axudas que teñen por obxecto regular as condicións para a elaboración dunha prelación dos polígonos industriais ou parques empresariais nos concellos solicitantes da Comunidade Autónoma de Galicia, en que a Consellería de Innovación e Industria vai proceder ao desenvolvemento de redes de telecomunicacións sen fíos de acceso á internet de banda larga nestes polígonos industriais ou parques empresariais, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información, e se procede á súa convocatoria.

IN515B-Subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

IN520A-Subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

IN530B-Subvencións a Pemes galegas para a adquisición ou renovación de equipamento industrial.

IN822B-Premio Galicia Innovación Júnior.

IN822C-Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación.

IN525A-Subvencións para o fomento da propiedade industrial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

IN825B-Axudas para proxectos de investigación básica.

IN825X-Axudas para elaboración de propostas ao VII Programa Marco.

IN810A-Axudas para asistencia a congresos e reunións científicas.

IN811A-Axudas para organización de congresos e reunións científicas.

IN845A-Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

IN825D-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (MRU).

IN825E-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (MMA).

IN825G-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (REM).

IN825H-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (CSA).

IN825I-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (TAL).

IN825J-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (MDS).

IN825K-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (TMT).

IN825M-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipos de investigación (TIC).

IN825N-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (APIDPA).

IN825O-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (SEC).

IN825P-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (SIN).

IN825V-Axudas para realización de proxectos de investigación aplicada de equipamentos de investigación (TUR).

IN827A-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (MRU).

IN827B-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (MMA).

IN827D-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (REM).

IN827E-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (CSA).

IN827F-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunicade Autónoma de Galicia (TAL).

IN827G-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (MDS).

IN827H-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (TMT).

IN827J-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (TIC).

IN827K-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (DPI e DPA).

IN827L-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (SEC).

IN827M-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (SIN).

IN827N-Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada de centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (TUR).

IN830A-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (MRU).

IN830B-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (MMA).

IN830D-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (REM).

IN830F-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (CSA).

IN830G-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (TAL).

IN830H-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (MDS).

IN830I-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (TMT).

IN830K-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (TIC).

IN830L-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (DPI e DPA).

IN830M-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (SEC).

IN830N-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (SIN).

IN830O-Axudas para a realización de proxectos de investigación de empresas privadas, agrupacións de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación (TUR).

IN841A-Axudas para a creación de plataformas tecnolóxicas.

IN841B-Axudas para a realización de estudos de viabilidade.

IN841C-Axudas para a realización de proxectos de innovación.

IN841D-Axudas para o confinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais.

IN841E-Axudas á preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais internacionais.

IN841G-Axudas para dotación de laboratorios I+D.

IN840H-Programa Manuel Colmeiro de axudas á incentivación da consolidación de investigadores cunha traxectoria destacada e alto potencial investigador nos centros do Sistema Galego de Ciencia e Tecnoloxía, dentro do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica INCITE (2006-2010).

IN828A-Subvención para a mobilización, dinamización e sistematización de innovación, e se procede á súa convocatoria.

IN216A-Subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN218A-Subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN214A-Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN211A-Subvencións ás corporacións locais para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais (liña Merca) e vertebración do comercio urbano (liña Urbancomer) en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN217A-Subvencións para a implantación dun distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN219A-Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

IN201F-Subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego.

IN201G-Subvencións aos artesáns titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

IN224A-Subvencións para pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego.

IN981B-Bolsas para a formación de expertos turísticos en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo no estranxeiro.

IN983G-Subvencións a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos.

IN983E-Subvencións a empresas turísticas para o fomento do turismo no medio rural.

IN982J-Subvencións a concellos do litoral para o acondicionamento e mellora das zonas de costa onde se practique asiduamente o baño.

IN210B-Subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico.

IN210C-Subvencións a asociación con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico.

IN981A-Bolsas de formación en oficinas de información turística durante o verán.

IN107A-Subvención en materia de consumo ás organizacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia.

IN108A-Subvención ás entidades locais para a realización de actividades relacionadas coas oficinas de información aos consumidores.

IN114A-Premios sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumopolis 3.

IN533A-Subvencións destinadas a que os traballadores autónomos accedan á sociedade da información e selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo http://www.xunta.es/servicios/

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza