DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2008 Páx. 8.221

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 22 de abril de 2008 pola que se modifica a do 28 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal e a do 20 de abril de 2001 pola que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal en materia de xuventude e se crean novos ficheiros.

Con data do 30 de xullo de 1994 publicouse no Diario Oficial de Galicia (nº 146) a Orde do 28 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Familia, Muller e Xuventude que, no seu artigo 1 recollía, entre os ficheiros automatizados da citada consellería, o relativo aos campamentos de verán e ao carné xove. Os artigos 4 e 6 da mencionada orde regulaban -entre outros aspectos- a finalidade e usos previstos para os ficheiros, así como o colectivo sobre o que se pretendía obter os datos, o procedemento de recollida e os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros.

Por outra banda, o día 9 de maio de 2001 publicouse no Diario Oficial de Galicia (nº 89) a Orde do 20 de abril de 2001 pola que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal en materia de xuventude existentes na Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que, no seu artigo 1, procedía á creación -entre outros- do ficheiro do sistema de xestión de programas para a xuventude, regulando no artigo 4 a súa finalidade, estrutura e usos.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), así como o artigo 52 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da citada lei, establecen que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente.

Mediante esta disposición, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar modifica e adecúa os ficheiros da súa responsabilidade creados mediante as ordes mencionadas.

En consecuencia, e de acordo ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada por Lei 11/1988, do 20 de outubro, dispoño:

Primeiro.-Créanse, modifícanse e adecúanse os seguintes ficheiros, que se detallan no anexo:

Ficheiro:

1. Campamentos de verán: ficheiro preexistente.

2. Carné xove: ficheiro preexistente.

3. Sistema de xestión de programas para a xuventude: ficheiro preexistente.

4. Censo de entidades xuvenís: ficheiro preexistente.

5. Expedición de títulos de ensino en escolas de tempo libre: ficheiro preexistente.

6. Escolas de tempo libre: ficheiro de nova creación.

7. Formación continua de monitores de tempo libre: ficheiro de nova creación.

8. Cursos de idiomas: ficheiro de nova creación.

9. Alertas a móbiles e correos electrónicos: ficheiro de nova creación.

10. Encontros autonómicos de informadores xuvenís: ficheiro de nova creación.

11. Cursos de información xuvenil: ficheiro de nova creación.

Segundo.-Os titulares responsables destes ficheiros adoptarán as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO I

1. Campamentos de verán: ficheiro preexistente.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos co obxecto de resolver posteriormente as solicitudes de praza nos mencionados campamentos. Por outra banda, recompilaranse datos sanitarios -a través dun cuestionario médico-sanitario- para acadar un coñecemento previo, co obxecto de previr situacións de risco excepcionais derivadas de circunstancias persoais que condicionen dalgún xeito o desenvolvemento da actividade. Así mesmo, precísanse os datos económicos co obxecto de proceder á devolución das cantidades aboadas polo interesado en caso de renuncia á actividade e/ou ingreso erróneo.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Participantes que soliciten unha praza nun campamento de verán, así como os dos responsables destes menores.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de solicitudes e anexos complementarios (no caso de resultar adxudicatario dunha praza no sorteo) que se entregan por petición propia á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e DNI do solicitante, nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico do responsable do menor.

Datos de carácter persoal: data de nacemento do solicitante.

Datos familiares: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico do responsable do menor. Identificación e datos de contacto da persoa que se deberá avisar en caso de urxencia.

Datos de carácter sanitario: procesos alérxicos, vacinas, enfermidades que requiran un coidado especial, enfermidades infecto-contaxiosas e limitacións fisiolóxicas ou funcionais que padeza o solicitante de praza, así como o seu grupo sanguíneo.

Datos económicos: datos bancarios (titular da conta, entidade bancaria e enderezo desta, código da entidade, código de oficina, díxito control e número de conta)

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Alto.

2. Carné xove: ficheiro preexistente.

a) Finalidade do ficheiro.

Ter un rexistro de usuarios do carné xove e empresarios adheridos ao programa, enviar toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e facilitar a comunicación entre os diferentes colectivos da mocidade galega e do ámbito do voluntariado coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Elaboración de estatísticas. Así mesmo, precísanse os datos económicos co obxecto de proceder á devolución das cantidades aboadas polo interesado en caso de renuncia ao carné e/ou ingreso erróneo.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Mozos e mozas que soliciten o carné xove, de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

Os empresarios que se adhiran ao programa carné xove, comprometéndose a efectuar descontos nos seus establecementos aos titulares deste.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Formularios de solicitude en papel.

d) Estrutura básica do ficheiro.

d.1.-Mozos e mozas solicitantes do carné xove:

Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo postal, números de teléfono, correo electrónico, posibilidade de recepción de mensaxes multimedia.

Datos de carácter persoal: data de nacemento, sexo.

Datos de circunstancias sociais: ocupación.

Datos económicos: datos bancarios (titular da conta, entidade bancaria e enderezo desta, código da entidade, código de oficina, díxito control e número de conta).

Incorpórase o nome e sinatura do pai/nai/titor para que preste o seu consentimento en caso de solicitantes menores de 14 anos.

d.2.-Empresas adheridas ao programa:

Datos fiscais e para notificacións: nome, apelidos e NIF do representante da empresa, nome da empresa, enderezo postal, teléfonos de contacto, fax e correo electrónico.

Datos do establecemento: nome comercial, enderezo postal e teléfonos dos establecementos da empresa onde se aplicarán os descontos.

Datos de información comercial: actividades, páxina web.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Prevese a cesión de datos a Caixa Galicia.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

3. Sistema de xestión de programas para a xuventude: ficheiro preexistente.

a) Finalidade do ficheiro:

Enviar toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e facilitar a comunicación entre os diferentes colectivos da mocidade galega e do ámbito do voluntariado coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. No seu caso, efectuar a reserva e/ou adxudicación directa de praza para participar en determinados programas organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigadas a subministralos:

Mocidade galega con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de solicitudes que se entregan por petición propia á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

d) Estrutura básica do ficheiro.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico.

Datos de carácter persoal: data de nacemento do solicitante.

Datos económicos: datos bancarios (titular da conta, entidade bancaria e enderezo desta, código da entidade, código de oficina, díxito control e número de conta).

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Alto.

4. Censo de entidades xuvenís: ficheiro preexistente.

a) Finalidade do ficheiro:

Dispor dun censo de asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega. Difusión para coñecemento de posibles usuarios. Controlar se as asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude cumpren coa normativa que lles permite acceder ás subvencións que convoca anualmente a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Remitirlles toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de solicitudes que se entregan por petición propia á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome da entidade, NIF, enderezo, teléfono de contacto, fax.

Datos persoais: nome, apelidos e DNI do presidente e secretario,

Datos funcionais: finalidade, ámbito de actuación.

Datos económicos: ingresos (organizados por anos) divididos -pola súa orixe- en subvencións e convenios, porcentaxes dos fondos propios, das axudas públicas e das privadas.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

5. Expedición de títulos de ensino en escolas de tempo libre: ficheiro preexistente.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos co obxecto de efectuar un control de alumnos e cursos organizados polas escolas de tempo libre, así como do seu funcionamento e da expedición de títulos de director e monitor de tempo libre. Remitirlles toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Alumnos que participen nos cursos organizados polas escolas de tempo libre.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

A través das solicitudes de inscrición nos cursos que se entregan por petición propia á Escola de Tempo Libre, sendo remitidos por esta á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e NIF do solicitante, enderezo.

Datos de carácter persoal: data de nacemento do solicitante.

Datos académicos: apto/non apto.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

6. Escolas de tempo libre: ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos das escolas de tempo libre existentes ás que posteriormente se lles expedirán os títulos dos cursos que organicen. Proceder á súa difusión para o coñecemento de posibles usuarios. Remitirlles toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Escolas de tempo libre recoñecidas oficialmente.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

A través de solicitudes de recoñecemento oficial de escolas de tempo libre que se entregan por petición propia á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e NIF do solicitante, enderezo.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

7. Formación continua de monitores de tempo libre. Ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos co obxecto de proceder á organización dos cursos mediante a distribución de prazas. Remitirlles toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Directores e monitores de tempo libre.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de solicitudes de inscrición nos cursos que se efectúan vía correo electrónico, fax ou chamada telefónica.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e NIF do solicitante, enderezo e teléfono de contacto.

Datos de carácter persoal: data de nacemento.

Datos académicos: apto/non apto.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

8. Cursos de idiomas: ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos co obxecto de efectuar un control de alumnos participantes nos cursos de idiomas no estranxeiro, remitirlles información relativa ao curso e efectuar un control dos pagamentos. Remitirlles toda a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Alumnos que participen nos cursos de idiomas no estranxeiro.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de solicitudes de inscrición nos cursos que se entregan por petición propia á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e NIF do solicitante, enderezo, teléfonos de contacto.

Datos de carácter persoal: data de nacemento, sexo, nacionalidade.

Circunstancias sociais: fumador ou non fumador.

Datos sanitarios: alerxias.

Datos académicos: apto/non apto.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Alto.

9. Alertas a móbiles e correos electrónicos: ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Obter unha base de datos co obxecto de remitir a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Mozos e mozas que visiten a páxina web que contén a información das actividades organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través de formularios existentes na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (antiga www.rix.org) así como a través de formularios en soporte papel distribuídos pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, polos servizos de Xuventude, as oficinas municipais de información xuvenil e casas de Xuventude.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, enderezo, teléfonos de contacto, correo electrónico.

Datos de carácter persoal: data de nacemento, indicación de se posúe carné xove/máis.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Básico.

10. Encontros autonómicos de informadores xuvenís: ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Xestionar a información relativa ao encontro. Remitir a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Informadores que participan nos encontros autonómicos de informadores xuvenís.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través das solicitudes de participación que se remiten ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, NIF, enderezo, teléfonos de contacto, correo electrónico.

Datos de carácter persoal: idade.

Datos de emprego: tempo traballado, centro de traballo.

Datos académicos: certificado de asistencia, censo de poboación do municipio onde están e grupo de traballo durante os encontros.

Datos sanitarios: menú vexetariano, menú celíaco, menú normal.

e) Cesións de datos de carácter persoal, e se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio administrativo San Caetano, bloque 3-1º, 15781 Santiago de Compostela;

Correo electrónico: lopd.xuventude@xunta.es

h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible.

Alto.

11. Cursos de información xuvenil: ficheiro de nova creación.

a) Finalidade do ficheiro:

Rexistrar solicitudes e enviar información relativa ao curso. Remitir a información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Interesados que solicitan participación nos cursos de información xuvenil.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Os datos recóllense a través das solicitudes de participación no curso, que se remiten ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

d) Tipos de datos.

Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, NIF enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico.

Datos de emprego: clase de persoal, data de ingreso no corpo, posto de traballo, administración, consellería, centro directivo, enderezo, fax e teléfono da oficina de traballo.

Datos académicos: titulacións académicas, cursos validables, apto/non apto.

Observación: notas.