DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2008 Páx. 8.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de empresa Autopista Central Gallega, Cesa.

Visto o acordo polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2008, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo de empresa Autopista Central Gallega, Cesa, na reunión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2008, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Vedra, ás 12.00 horas do día 20 de febreiro de 2008, reúnense no domicilio da comisión paritaria de conciliación e interpretación do pactado no convenio colectivo de Autopista Central Gallega, CESA:

Pola representación dos traballadores:

-Germán López Chico.

-Francisco Javier Parga Rilo.

-José Damián Vázquez Francisco.

Pola representación da empresa:

-Enrique Falces Rodríguez

-Isabel Portela Rodríguez, quen actúa como secretaria.

Enténdese validamente constituída a comisión paritaria ao asistiren todos os seus integrantes ou persoas designadas para asistir a ela.

Esta convocatoria foi proposta pola representación dos traballadores coa seguinte orde do día:

1. Táboas salariais 2008.

A representación dos traballadores e a da empresa coinciden nos seus cálculos sobre as actualizacións das táboas salariais recollidas no convenio colectivo con base na variación do IPC anual, conforme as táboas presentadas pola empresa e que neste acto son aprobadas e subscritas por todos os asistentes, e acórdase a súa incorporación á acta desta reunión.

Dado que non existen máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 12.00 horas do día e no lugar consignados no encabezamento.

Asinan: Enrique Falces Rodríguez, representante da empresa; Francisco J. Parga Rilo, representante dos traballadores; Isabel Portela Rodríguez, secretaria.

Ver referencia pdf "08700D009P044.PDF"