DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2008 Páx. 8.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Visto o acordo polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2008, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia, na reunión que tivo lugar o 19 de febreiro de 2008, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta 2/2008 da comisión paritaria do II Convenio galego de traballadores de residencias da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia.

En Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 2008.

Asistentes:

UGT:

Javier Martínez Fente.

Mª Belén Muñiz Caamaño.

Asesores:

Mª Isabel Villaverde Núñez.

Alberto Arias Pérez.

CIG:

Eva Torres Bandín.

Beatriz Martínez Bahamonde.

Asesor:

Paulo Rubido Bará.

ACOLLE:

Paulo Naseiro Ramudo.

Mª del Mar García González.

AGARTE:

Eva Jove González.

José Manuel Pazos Seco.

Cesáreo López Vidal.

Asesores:

Lucía del Campo Redondo.

José Félix Valderrey de la Huerga.

Orde do día:

1. Revisión e aprobación das táboas salariais para o ano 2008.

2. Aclaración do contido da cláusula adicional primeira solicitada por Jacoservi, S.L.

3. Dúbida achegada polo comité de empresa Euxa-Narón.

4. Rolda de intervencións libres.

1. Revisión e aprobación das táboas salariais para o ano 2008.

1.1. Apróbanse as táboas salariais correspondentes ao ano 2008. Achéganse como anexo I.

1.2. Complemento de domingos.

Na acta do AGA con data do 21 de marzo de 2007 recóllese a seguinte redacción con respecto a este complemento:

«…a partir do 1 de xaneiro de 2008, a retribución será de 7,22 €, máis a porcentaxe de incremento establecido para ese ano».

O dito complemento queda reflectido na táboa salarial.

1.3. Festivos de especial significación.

Queda reflectido o dito concepto nas táboas salariais que se achegan como anexo I.

1.4. Complemento de nocturnidade.

Para o cálculo do citado complemento tómase como denominador a xornada anual de 1.776 horas tal e como figura no artigo 28.

2. Aclaración do contido da cláusula adicional primeira solicitada por Jacoservi, S.L.

Dado que non existen diferenzas nas contías que se aplicarán por estes conceptos, a comisión paritaria entende que son as partes (traballadores e empresa) as que deben adoptar por mutuo acordo a denominación dos ditos conceptos. Todo isto respectando as táboas salariais asinadas por esta comisión paritaria.

3. Dúbida achegada polo comité de empresa Euxa-Narón.

Esta comisión entende que esta cuestión está fóra de tempo ao tratarse dun concepto xa extinto.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18.45 horas.

Ver referencia pdf "08700D008P043.PDF"