DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2008 Páx. 7.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña correspondentes ao programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, convocadas no anexo I da Orde do 28 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2008).

A Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 28 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2008), aprobaba as bases para a convocatoria de bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).

Na base 6.2º do anexo I da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión designados pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento, da Consellería de Innovación e Industria.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle as bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña, segundo os campos, ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas a que se refire o anexo I desta resolución, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederá, se é o caso, a adxudicarlle a dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 28 de decembro de 2007 ( DOG do 11 de xaneiro), suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala de Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2008.

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro

ANEXO I

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

Adxudicatarios:

-Estudo da presenza de tumores en solénidos. Posible orixe, aspectos biolóxicos e xenéticos.

Sara Pérez Fernández (DNI: 39454173-L ).

-Estudo do stock das poboacións de vieira Pecten Maximus (Linnaeus, 1758) nas rías galegas.

José Andrés Aranda Burgos (DNI 25193204-Q).

-Estudo da perkinsose no litoral español: caracterización de variantes taxonómicas do parásito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hóspede.

-Yolanda Ballesteros Álvarez (DNI 03473644-T).

ANEXO II

Bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña

Suplentes:

-Estudo da presenza de tumores en solénidos. Posible orixe, aspectos biolóxicos e xenéticos.

Maite Ruíz Pérez (DNI 76895660-J).

-Estudo do stock das poboacións de vieira Pecten Maximus (Linnaeus, 1758) nas rías galegas.

Sergio Fernández Boo (DNI 52393641-N).

-Estudo da perkinsose no litoral español: caracterización de variantes taxonómicas do parásito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hóspede.

Fernando Gómez Romano (DNI 71655604-R).