DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2008 Páx. 7.686

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 22 de abril de 2008 pola que se nomean novos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro, e Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996 e os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2008.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Novos membros do CEIC de Galicia:

-Irene Zarra Ferro, farmacéutica hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-Judith Capitán Guarnizo, farmacéutica de atención primaria da Xerencia de Atención Primaria da Coruña.

-Alejandro Alberto García Caballero, facultativo especialista de área do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense.