DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2008 Páx. 7.686

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 22 de abril de 2008 pola que se dispón o cesamento, por petición propia, de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro, e Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996 e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan, por petición propia, como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2008.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoas que cesan como membros do CEIC de Galicia:

-María Isabel Cadavid Torres, catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

-María Teresa Chuclá Cuevas, farmacéutica xefa do Servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE