A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, é polo que, ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992 e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
Nomear, como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, e en representación da Xunta de Galicia, a Abel Fermín Losada Álvarez.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2008.
Carmen Gallego Calvar
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos