DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2008 Páx. 7.184

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 15 de abril de 2008 pola que se nomean os vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dedica o seu capítulo II ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e dispón nos seus artigos 14, 15, 16 e 17 a natureza e fins, funcións, composición e a creación dos grupos de traballo do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Concretamente, no artigo 16 establécese a composición e procedemento de nomeamento dos vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Ao abeiro do previsto na devandita lei realizáronse as propostas de designación por parte das consellerías con competencia en sanidade, industria e presidencia, polas organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia e pola organización empresarial máis representativa de carácter intersectorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co obxecto de procurar o funcionamento do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, como o órgano colexiado de participación e asesoramento da administración da Xunta de Galicia na planificación, programción, organización e control da xestión relacionada coa mellora das condicións de traballo e a protección da seguridade e saúde do persoal traballador, cómpre efectuar, de acordo coas propostas realizadas e facendo uso da autorización prevista no artigo 16 os seguintes nomeamentos.

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O consello estará formado por dezaoito vogais: seis en representación da administración, seis en representación dos axentes económicos e seis en representación dos axentes sociais.

1.a) Dos seis representantes da administración, tres son representantes por razón do cargo: a persoa titular da consellería e da dirección xeral con competencias na materia de relacións laborais, que ocuparán os cargos da presidencia e vicepresidencia respectivamente, e a persoa titular da dirección territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

1.b) Así mesmo, noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta das correspondentes consellerías, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Consellería de Sanidade:

Titular: subdirector/a xeral de Epidemioloxía e Sistemas de Información.

Suplente: subdirector/a xeral de Organización, Avaliación e Calidade.

Pola Consellería de Innovación e Industria:

Titular: subdirector/a xeral de Minas.

Suplente: xefe/a do Servizo de Xestión de Minas.

Pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Titular: secretario/a xeral.

Suplente: subdirector xeral de Servizos Comúns.

2. Noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta das súas correspondentes organizacións sindicais, as persoas que se relacionan a seguir:

2.a) Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Titular: Carlos Bellas Cebreiro.

Titular: Manuel Golpe Gómez.

Suplente: Víctor Fernández Prieto.

Suplente: Mª Félix Atanes Blanco.

2.b) Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia:

Titular: Hortensia Álvarez Folgar.

Titular: José Domato Lago.

Suplente: Manuela Caneda Cabrera.

Suplente: Francisco José Pérez Álvarez.

2.b) Pola Confederación Intersindical Galega:

Titular: Antolín Alcántara Álvarez.

Titular: Alfonso Tellado Sande.

Suplente: Fátima Ocampo Santiago.

Suplente: Francisco García Gómez.

3. Noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da organización empresarial, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Titular: Alfonso Alvarellos Galvé.

Titular: Jorge Dorribo Gude.

Titular: Juan José Molinos Casal.

Titular: Mario Cardama Barrientos.

Titular: Javier Martínez López.

Titular: Fausto Santamarina Fernández.

Suplente: María Botana Rocamonde.

Suplente: Ovidio Pérez Reñones.

Suplente: Julio César Rodríguez González.

Suplente: Gumersindo Alonso Gestoso.

Suplente: Verónica Val Vázquez.

Suplente: Jose Antonio Neira Cortés.

Artigo 2º

Realizará as funcións da secretaría do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, con voz e sen voto, a persoa titular da xefatura de Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da dirección competente en materia de relacións laborais, actuando como suplente o titular da xefatura de Sección de Seguridade e Saúde Laboral do mesmo departamento.

Artigo 3º

O director ou a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral asistirá con voz pero sen voto ás reunións do consello, co obxecto de facilitar canta información se lle demande e de garantir o exercicio das funcións de control polo consello.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2008.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo