DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2008 Páx. 6.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2008 pola que se convoca un curso básico de protección.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a realización dun curso básico de protección, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

-Coñecer as teorías e as técnicas de protección estática e dinámica, así como a protección de personalidades.

-Dominar diversas técnicas do tiro policial e da condución de seguridade na protección de persoas.

Destinatarios:

Persoal dos corpos de policía local de Galicia e da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia que non fixesen ningunha das edicións anteriores deste mesmo curso.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

30 prazas.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de maio ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas:

O curso realizarase en datas do 26 ao 28 de maio.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas os días 26 e 27; e o día 28 en horario das 9.30 ás 13.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido:

I. Seguridade, protección e autoprotección.

II. Condución de seguridade en protección.

III. Técnicas de tiro policial en protección.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos farase pública o día 21 de maio a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 20 61 17/118 e na páxina web: http://agasp.xunta.es.

Lugar:

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia:

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 9 de abril de 2008.

P.S. (Disposición primeira Orde do 31-1-2008,

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "07600D009P029.PDF"