DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2008 Páx. 6.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas entre o 1 de setembro de 2007 e o 31 de marzo de 2008.

Recibíronse solicitudes ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

Co obxecto de continuar coa súa tramitación administrativa, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais nos das súas delegacións provinciais, así como na páxina web desta consellería, as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da citada Resolución do 1 de abril de 2005, e recibidas entre o 1 de setembro de 2007 e o 31 de marzo de 2008.

Segundo.- Informar que contra estas listas provisionais os interesados poderán presentar reclamacións e achegar os documentos e xustificantes que coiden pertinentes no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, perante a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, bloque II, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2008.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa