DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2008 Páx. 6.927

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2008 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2007 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas en virtude da Orde do 31 de xaneiro de 2007, pola que se regulan subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais, modificada pola Orde do 23 de abril de 2007, pola Orde do 12 de xullo de 2007 e pola Orde do 22 de outubro de 2007.

O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2007 ascendeu a 39.558.156,49 €, repartido nas seguintes aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2007: 533.722,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.312F.460.2 (Plan Xitano); 19.392.937,38 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.460.2; 2.644.127,67 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.460.5; 7.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.460.6; 1.265.801,44 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.760.0; 1.208.364,00 €. con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.760.1; 7.034.926,00 €. con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.313C.760.2 e 458.278,00 €. con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.312E.761.0. Ademais, con cargo aos créditos correspondentes ás anualidades 2008 e 2009 da aplicación orzamentaria 05.31.313C.760.2, concedéronse subvencións de carácter plurianual polas contías de 1.548.064,72 €

para o exercicio 2008 e de 700.000 € para o exercicio 2009.

Destas subvencións, as destinadas a financiar gastos correntes correspondentes ao exercicio 2007 foron cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado nunha contía de 7.595.643,82 € a través do Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais) e de 9.644.127,67 € a través dos fondos destinados á atención de persoas en situación de dependencia (Imserso).

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "07600D001P007.PDF"

Ver referencia pdf "07600D002P012.PDF"