DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Venres, 18 de abril de 2008 Páx. 6.855

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 60/2008, do 13 de marzo, polo que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Técnica de Etnografía.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 63, do 2 de abril de 2008, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 5.559, na columna da dereita, no punto 4 do artigo 1º, onde di: «4. As resolucións e demais actos da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural sobre asuntos en que a intervise a comisión expresarán…», debe dicir: «4. As resolucións e demais actos da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural sobre asuntos en que interviñese a comisión expresarán…».