DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Xoves, 17 de abril de 2008 Páx. 6.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2008 pola que se convoca un curso sobre procedemento sancionador en tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso sobre procedemento sancionador en tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a dinámica do procedemento sancionador e a intervención do axente nel.

-Actualizarse na normativa referente aos procedementos sancionadores de carácter administrativo relacionados co tema de tráfico e transportes.

Destinatarios: persoal do corpo de Policía local de Galicia.

Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas: 30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de maio ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 20 61 22); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas: o curso realizarase do 12 ao 15 de maio, das 9.00 ás 14.00 horas.

Relación de admitidos: a relación de admitidos farase pública o día 7 de maio a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Academia Galega de Seguridade Pública, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 20 61 17/118 e na páxina web: http: /agasp.xunta.es.

Lugar: o curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia: ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións: a Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 7 de abril de 2008.

P.S. (Disp. 1ª Orde 31-1-2008,

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "07400D007P042.PDF"