DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Xoves, 17 de abril de 2008 Páx. 6.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de marzo de 2008 pola que se autoriza o centro privado La Grande Obra de Atocha da Coruña para impartir educación especial.

Examinado o expediente presentado polo centro privado La Grande Obra de Atocha da Coruña no que solicita a autorización de 1 unidade de educación especial para o curso escolar 2008/2009.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16 de marzo); a Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 16 de xuño); o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o centro privado La Grande Obra de Atocha da Coruña para impartir 1 unidade de educación especial no curso escolar 2008/2009; a composición resultante queda segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que por esta orde se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Enderezo: r/ Baltasar Pardal Vidal, 1.

Denominación: Centro privado La Grande Obra de Atocha.

Titular: Instituto Secular Femenino Hijas de la Natividad de María.

Código do centro: 15004782.

Ensinanzas que se autorizan: 1 unidade de educación especial (plurideficientes).

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 24 unidades.

Educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Educación especial: 1 unidade (plurideficientes).

Formación profesional específica:

-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).

-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).