DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Mércores, 16 de abril de 2008 Páx. 6.591

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (LOTT), por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 9 de outubro de 1991 (DOG nº 232, do 23 de outubro).

De conformidade co establecido nos seus artigos 6, 7 e 8, e na súa disposición adicional terceira, a Dirección Xeral de Transportes ditou resolución do 16 de decembro de 1991 pola que se nomearon os seus membros e que foi publicada no Diario Oficial de Galicia nº 252, do 31 de decembro.

Transcorridos dezaseis anos desde a aprobación e publicación da devandita resolución, foron reiteradas as modificacións na designación de membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, sen que para estas se seguise o mesmo procedemento de publicación, ao non ser esta obrigada, pero coa conseguinte inseguridade xurídica que esta situación podería xerar. Por estas razóns, e mentres non se dite unha nova orde que actualice a súa composición, estímase procedente ditar unha nova resolución que derrogue a anterior e que actualice a composición actual deste órgano arbitral.

De conformidade con todo o exposto, resolvo:

Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia as seguintes persoas:

Presidente:

Titular:

-A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

Suplentes:

-A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

-A persoa titular da Xefatura do Servizo de Concesións.

Vogais:

a)Representantes da Administración:

Titulares:

-A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

-A persoa titular da Xefatura do Servizo de Concesións.

Suplentes:

-A persoa titular da Xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico.

-A persoa titular da Xefatura do Servizo de Transportes da Delegación Provincial da Coruña.

b) Representante das empresas de ferrocarril:

Vacante.

c) Representante das empresas de transporte de viaxeiros, por proposta do Comité Galego de Transportes:

Titular:

-José Carlos García Cumplido.

Suplente:

-Marcelino Freire Núñez.

d) Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes:

Titular:

-José Carlos García Cumplido.

Suplente:

-Isabel Martínez Leboreiro.

e) Representante dos consumidores e usuarios, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

Titular:

-Rocío Arnoso Moure.

Suplente:

-Vacante.

f) Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Titular:

-Andrés Castro Sanmartín.

Suplente:

-Fernando Segade Castro.

Secretario:

Titular:

-A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral.

Suplente:

A persoa titular da Xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2008.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes