DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Venres, 04 de abril de 2008 Páx. 5.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña correspondentes ao programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro no anexo I, no último parágrafo da base 6 da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 16 de xaneiro de 2008, onde di: «Os solicitantes que figuren na lista de suplentes só poderán obter a bolsa de se produciren renuncias de bolseiros antes do 30 de marzo»; debe dicir: «Os solicitantes que figuren na lista de suplentes só poderán obter a bolsa de se produciren renuncias de bolseiros antes do 30 de abril».