A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública, do Ministerio de Sanidade e Consumo, e de Agricultura, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes da Madeira de Galicia (Fearmaga), de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.
2. Entidade organizadora
Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes da Madeira de Galicia (Fearmaga)
3. Data.
Os días 28, 29 e 30 de abril de 2008.
4. Lugar de realización.
Instalacións de Fearmaga.
Vía Pasteur, 43- Despacho 19. Polígono industrial do Tambre.
15890 Santiago de Compostela (A Coruña).
5. Número de prazas.
Máximo 30 alumnos.
6. Dirixido a.
Todo o persoal auxiliar de servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición, dando prioridade ao seguinte:
-Traballadores en activo de Pemes, micropemes e profesionais autónomos pertencentes ao sector de serradoiros e rematantes da madeira asociados a Fearmaga.
-Traballadores en activo de Pemes, micropemes e profesionais autónomos pertencentes ao sector de serradoiros e rematantes da madeira non asociados a Fearmaga.
-Alumnos en xeral.
8. Presentación de solicitudes.
Solicitude segundo modelo anexo I
9. Programa.
Ver referencia pdf "06500D004P032.PDF"
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, no caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008.
Ramón Medina González-Redondo
Director xeral de Saúde Pública
Ver referencia pdf "06500D004P032.PDF"