DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Venres, 04 de abril de 2008 Páx. 5.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Relacións Institucionais, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2007.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración recollidos no artigo 3.1º.c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2007 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2008.

Xoán Antón Pérez-Lema López

Secretario xeral de Relacións Institucionais

Ver referencia pdf "06500D001P006.PDF"