DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 03 de abril de 2008 Páx. 5.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2008 pola que se convoca un curso sobre instrución de atestados, investigación de accidentes e alcoholemias.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso sobre instrución de atestados, investigación de accidentes e alcoholemias, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Actualizarse na elaboración de atestados e dilixencias policiais.

-Afondar na instrución de atestados por delitos relacionados co tráfico e os accidentes.

-Coñecer as técnicas máis comúns na investigación de accidentes.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de abril ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Fax: 886 20 61 22); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 21 ao 25 de abril. Os días 21 e 23 en horario das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas, e os días 22, 24 e 25 en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 16 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 886 206 117/118/109 e na páxina web: http:/agasp.xunta.es.

Lugar.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de marzo de 2008.

P.S. (Orde 31-1-2008; DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "06400D012P061.PDF"