DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 03 de abril de 2008 Páx. 5.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2008 pola que se convoca un curso sobre policía xudicial e dilixencias policiais.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, en colaboración co Concello de Vigo, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vigo, anúnciase a celebración dun curso sobre policía xudicial e dilixencias policiais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Capacitar os membros dos corpos de policía local para as funcións de policía xudicial que o ordenamento lles atribúe, instruíndoos sobre as dilixencias de investigación e comprobación dos delitos públicos, aseguramento dos presuntos responsables e as garantías observables para a súa incorporación eficaz ao xuízo oral.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros do corpo de policía local, funcionarios de carreira, do Concello de Vigo, para os que se reserva un mínimo dun 50% das prazas, o resto das prazas cubrirase con solicitantes doutros corpos de policía local que cumpran os mesmos requisitos, tendo preferencia os dos concellos próximos a Vigo.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de abril ás 14.00 horas.

3. As instancias dos solicitantes que non pertenzan ao Concello de Vigo, deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública (fax: 886 206 122), avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello de Vigo deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policía Local do Concello de Vigo.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 21, 22, 23 e 24 de abril de 2008.

O horario será das 16.00 ás 21.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

Tema I. A policía xudicial, en xeral, intervencións e garantías. A policía local como policía xudicial. As primeiras dilixencias e as informativas do Ministerio Fiscal.

Tema II. Intervención nas materias referidas á seguridade viaria, conceptos básicos, normas de aplicación, atestados, funcións esenciais, protección das vítimas e identificacións.

Tema III. A policía xudicial na Lei do menor.

Tema IV. Parte das dilixencias instrutoras que deben ser reproducidas no plenario. Ademais, algunhas especialidades como: circulación ou entrega vixiada, detención, traslado de detidos e protección de testemuñas.

Selección.

Os membros do corpo da Policía Local do Concello de Vigo serán seleccionados pola Xefatura da Policía Local do Concello de Vigo, e aos restantes seranlles de aplicación os criterios do proceso de selección dos cursos da Agasp (non ter feito este curso, menor número de cursos, antigüidade, grupo de pertenza, etc.).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 17 de abril a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 109/10/18/24 (Agasp) e na páxina web http://agasp.xunta.es.

Lugar.

O curso desenvolverase na aula de formación da Policía Local do Concello de Vigo.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como o Concello de Vigo, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de marzo de 2008.

P.S. (Disp. 1ª Orde 31-1-2008; DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "06400D012P061.PDF"