DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 03 de abril de 2008 Páx. 5.737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2008 pola que se convoca un curso sobre operativa policial nos casos de xuízos rápidos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre operativa policial nos casos de xuízos rápidos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Actualización no procedemento para o axuizamento rápidos de determinados delitos.

-Coñecer as actuacións necesarias que se desenvolverán por parte da policía local como policía xudicial.

-Manexar formularios que permitan a concreción de atestados e dilixencias policiais para o seu traslado á autoridade xudicial.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña. No caso de quedaren prazas vacantes, poderían optar a elas outros corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

Ata 30 prazas, que serán outorgadas por rigorosa orde de entrada de solicitudes, tendo en conta o disposto no punto de destinatarios.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de abril ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña- Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 08 03 54) avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase en datas do 21 ao 24 de abril de 2008.

O horario será das 16.00 ás 21.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Módulo I: actualización na normativa legal. Actuacións da policía local no procedemento para o axuizamento rápido de determinados delitos. Estudo da xurisprudecia aplicable.

-Módulo II: supostos prácticos: resolución de casos prácticos formulados aos alumnos. Utilización e manexo de formularios específicos.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 18 de abril a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 20 61 09/117/118 (Agasp) e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou 981 08 03 00 (Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Boiro, quedando por concretar o seu lugar de celebración que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de marzo de 2008.

P.S. (Disp. 1ª Orde 31-1-2008; DOG nº 23 do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "06400D009P057.PDF"