DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 01 de abril de 2008 Páx. 5.462

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 13 de marzo de 2008 pola que se dispón o cesamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regulando no seu artigo 4 a composición, no artigo 5 o procedemento de nomeamento e cesamento dos membros deste órgano, e no artigo 6 as substitucións.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, o artigo 5 e a disposición derradeira 1ª do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, en relación co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o Decreto 213/2005, do 3 de agosto, que establecen o nomeamento como conselleiro de Traballo, e o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, modificado polos decretos 20/2007, do 22 de febreiro, e 14/2008, do 7 de febreiro, que establecen a estrutura orgánica da consellería,

DISPOÑO:

Artigo único:

1. O cese de Manuel García Montero como vogal titular do Consello Galego de Cooperativas en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, e de José Crespo Iglesias, como vocal suplente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2008.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE TRABALLO