DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 31 de marzo de 2008 Páx. 5.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2008 pola que se fai pública a concesión dunha bolsa de perfeccionamento de investigación especializada na análise de datos cuantitativos en materias relacionadas coas políticas públicas.

A resolución da Escola Galega de Administración Pública do 28 de novembro de 2007 (DOG nº 237, do 10 de decembro) aproba as bases reguladoras e procede á convocatoria dunha bolsa de perfeccionamento de investigación especializada na análise de datos cuantitativos en materias relacionadas coas políticas públicas.

En virtude do disposto na base novena desta resolución, e tendo en conta a proposta da comisión de avaliación e selección prevista na base sexta da referida convocatoria, a dirección deste organismo

RESOLVE:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da identidade da persoa beneficiaria da bolsa e o importe da axuda concedida.

Estes datos achéganse como anexo.

Segundo.-No caso de producirse a renuncia a esta bolsa, de acordo co establecido na base décimo terceira, será adxudicada ao candidato que corresponda, sempre que o houbese e segundo a orde de puntuación, dos que figuran na listaxe de reserva publicada na páxina web oficial da EGAP.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2008.

P.D. (Resolución 17-12-2007, DOG nº 2, do 3-1-2008)

Javier Corrales Piquero

Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

NIF: 76624022-M.

Adxudicataria: María Carmen Voces López.

Importe: 21.600 €.