DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 31 de marzo de 2008 Páx. 5.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de marzo de 2008 pola que se regula a revisión das tarifas de servizos públicos regulares permanentes de transporte de viaxeiros de uso xeral por estrada e de estacións de autobuses, de competencia da Xunta de Galicia.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 51, do 12 de marzo de 2008, cómpre realizar a oportuna corrección.

Na páxina 4.254, na columna da dereita, nas dúas últimas liñas, onde di: «... aplicando ao importe vixente, logo do ao seu redondeo por exceso ou defecto....», debe dicir: «... aplicando ao importe vixente, antes do seu redondeo por exceso ou defecto...».