DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 28 de marzo de 2008 Páx. 5.255

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 53/2008, do 13 de marzo, polo que se autoriza a implantación dos estudos universitarios oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2008/2009.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada por Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do seu Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social, e no seu artigo 35.2º determina que ademais da pertinente autorización da comunidade autónoma as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno.

Por outra parte, o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, preceptúa na súa disposición transitoria segunda, alínea b), que os procedementos de autorización para a implantación no curso 2008-2009 de programas oficiais de posgrao iniciados con anterioridade á entrada en vigor deste real decreto se regularán de acordo a normativa aplicable previa.

No ámbito da nosa comunidade autónoma esta materia está regulada no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, e, en todo o non previsto neste decreto, polo Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, publicándose os modelos do procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao na Orde do 20 de xullo de 2007.

Por todo isto, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e de conformidade co disposto no artigo 7.4º do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, por solicitude dos reitores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, logo das propostas dos seus consellos de goberno e dos informes favorables dos consellos sociais respectivos, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable do Consello Galego de Universidades, e previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de marzo de dous mil oito.

DISPOÑO:

Artigo único

Autorizar a implantación no ano académico 2008-2009 dos programas oficiais de posgrao que se relacionan a continuación:

Universidade da Coruña.

1. Acuicultura.

-Máster en acuicultura.

-Doutor ou doutora.

2. Banca e finanzas.

-Máster en banca e finanzas.

3. Dirección de empresa familiar.

-Máster en dirección de empresa familiar.

4. Dirección e planificación de turismo.

-Doutor ou doutora.

5. Dirección integrada de proxectos.

-Máster en dirección integrada de proxectos.

6. Lóxica e filosofía da ciencia.

-Máster en lóxica e filosofía da ciencia.

-Doutor ou doutora.

7. Política lingüística e planificación da lingua galega.

-Máster en política lingüística e planificación da lingua galega.

8. Socioloxía aplicada.

-Máster en migracións internacionais: investigación, políticas migratorias e mediación intercultural.

9. Urbanismo: plans e proxectos. Do territorio á cidade.

-Máster en urbanismo: plans e proxectos. Do territorio á cidade.

Universidade de Santiago de Compostela.

1. Acuicultura.

-Máster en acuicultura.

-Doutor ou doutora.

2. Atención sanitaria, xestión e coidados.

-Máster en atención sanitaria, xestión e coidados.

3. Ciencia e tecnoloxía química.

-Máster en química avanzada.

4. Dirección de empresa familiar.

-Máster en dirección de empresa familiar.

5. Dirección e planificación de turismo.

-Doutor ou doutora.

6. Dirección de proxectos.

-Máster en dirección de proxectos.

7. Edición.

-Máster en edición.

8. Lóxica e filosofía da ciencia.

-Máster en lóxica e filosofía da ciencia.

-Doutor ou doutora.

9. Optometría avanzada.

-Máster en optometría avanzada.

10. Política lingüística e planificación da lingua galega.

-Máster en política lingüística e planificación da lingua galega.

11. Psicoxerontoloxía.

-Máster en psicoxerontoloxía.

-Doutor ou doutora.

12. Química teórica e modelización computacional.

-Máster en química teórica e modelización computacional.

13. Teoría da literatura e literatura comparada.

-Máster en estudos teóricos e comparados da literatura e da cultura.

-Máster mundus crossways in european humanities.

-Doutor ou Doutora.

Universidade de Vigo.

1. Acuicultura.

-Máster en acuicultura.

-Doutor ou doutora.

2. Ciencia e tecnoloxía agroalimentaria.

-Máster en nutrición.

3. Ciencia e tecnoloxía química.

-Máster en química avanzada.

4. Comercio internacional.

-Máster en comercio internacional.

5. Comunicacións multimedia.

-Máster en aplicacións de procesado de sinal en comunicacións.

-Doutor ou doutora.

6. Consultoría de software libre.

-Máster en consultoría de software libre.

7. Creación, dirección e innovación na empresa.

-Máster en creación, dirección e innovación na empresa.

8. Dirección de empresa familiar.

-Máster en dirección de empresa familiar.

9. Dirección integrada de proxectos.

-Máster en dirección integrada de proxectos.

10. Dirección e planificación de turismo.

-Doutor ou doutora.

11. Edición.

-Máster en edición.

12. Enxeñaría da construción.

-Máster en enxeñaría da edificación e construccións industriais.

13. Enxeñeiro de soldadura.

-Máster en enxeñeiro de soldadura.

14. Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos.

-Máster en intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos.

15. Políticas comunitarias e cooperación territorial.

-Máster en políticas comunitarias e cooperación territorial.

16. Política lingüística e planificación da lingua galega.

-Máster en política lingüística e planificación da lingua galega.

17. Tecnoloxías e procesos na industria do automóbil.

-Máster en tecnoloxías e procesos na industria do automóbil.

18. Xestión do desenvolvemento sostible.

-Máster en xestión do desenvolvemento sostible.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA

E FACENDA