DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 13 de marzo de 2008 Páx. 4.393

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DECRETO 43/2008, do 28 de febreiro, polo que se determina o ámbito de aplicación dos plans de ordenación dos recursos forestais para Galicia.

O aproveitamento sustentable do potencial do sector forestal galego tense que basear, entre outros grandes piares, na ordenación territorial dos usos múltiples do monte, e para iso é necesario dotar toda a superficie de terreo forestal de Galicia de instrumentos de planificación que regulen e fomenten as actividades económicas, sociais e ambientais dos nosos bosques.

A estrutura administrativa da consellería competente en materia forestal, anteriormente a Consellería de Medio Ambiente e agora a Consellería do Medio Rural, desembocou nunha división en distritos forestais atendendo a condicións de homoxeneidade estrutural tanto dos recursos forestais coma das condicións socioeconómicas e ambientais e para acadar unha descentralización administrativa que axilizase a actuación da Administración e achegase esta aos administrados.

Que, segundo o artigo 31.4º da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, o ámbito territorial dos plans de ordenación dos recursos forestais serán os territorios forestais con características xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais ou paisaxísticas homoxéneas, de extensión comarcal ou equivalente. Poderanse adaptar a aquelas comarcalizacións e divisións de ámbito subrexional realizadas pola ordenación do territorio ou outras específicas divisións administrativas propias das comunidades autónomas.

Que un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é a regulación do uso forestal no marco da ordenación territorial, como piar onde fundamentar a nova política forestal.

Xa que logo, no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concordante, e por proposta do conselleiro do Medio Rural de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de febreiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Para os efectos da redacción e aplicación dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF), entenderase por monte os terreos definidos no artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

2. Decláranse como ámbito territorial dos PORF, para os efectos do artigo 31.4º da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, cada un dos 19 distritos forestais de Galicia recollidos no anexo, por albergar características xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais e paisaxísticas homoxéneas, presentando unha extensión óptima para a planificación do uso forestal no marco da ordenación territorial.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da Consellería do Medio Rural para ditar cantas disposicións coide necesarias en desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de febreiro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

Anexo

*A Coruña.

I-Ferrol.

Concello:

Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

Concello:

Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Carral, Cesuras, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Ponteceso, Vilarmaior, Vilasantar.

III-Santiago-Meseta Interior.

Concello:

Ames, Arzúa, Brión, Cerceda, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra.

IV-Barbanza.

Concello:

A Baña, Boiro, Dodro, Lousame, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois.

V-Fisterra.

Concello:

Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

*Lugo.

VI-A Mariña Lucense.

Concello:

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove.

VII-A Fonsagrada-Os Ancares.

Concello:

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.

VIII-Terra de Lemos.

Concello:

Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Taboada.

IX-Lugo-Sarria.

Concello:

Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela.

X-A Terra-Chá.

Concello:

Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto, Vilalba, Xermade.

*Ourense.

XI-O Ribeiro-Arenteiro.

Concello:

A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea.

XII-Miño-A Arnoia.

Concello:

Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, A Bola, Cartelle, Celanova, Coles, Esgos, Gomesende, Maceda, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo.

XIII-Valdeorras-Trives.

Concello:

O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil.

Petín, A Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras.

XIV-Verín-Viana.

Concello:

Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós, Vilariño de Conso.

XV-A Limia.

Concello:

Baltar, Bande, Os Blancos, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia.

*Pontevedra.

XVI-Deza-Tabeirós.

Concello:

Agolada, Cerdedo, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

XVII-O Condado-A Paradanta.

Concello:

Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño.

XVIII-Vigo-Baixo Miño.

Concello:

Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo.

XIX-Caldas-O Salnés.

Concello:

A Illa de Arousa, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cotobade, Cuntis, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.