DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 11 de marzo de 2008 Páx. 4.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2008 pola que se convocan unhas xornadas sobre a delincuencia sexual: aspectos policiais, criminolóxicos e xurídicos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre a delincuencia sexual: aspectos policiais, criminolóxicos e xurídicos, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Abordar a problemática da delincuencia sexual baixo unha óptica multidisciplinar, que englobe os aspectos xurídico-normativos, criminolóxicos e policiais.

Destinatarios.

Membros das forzas e corpos de seguridade, estudantes de criminoloxía, ciencias policiais e dereito e outros colectivos ou persoas interesadas.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan nestas xornadas é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá cubrir a solicitude que figura na páxina web http://agasp.xunta.es, ou enviar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 25 de marzo, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 20 61 22), ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 27 e 28 de marzo. O día 27 en xornada de mañá (das 9.30 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.30 ás 19.30 horas); e o día 28 só en xornada de mañá (das 9.30 ás 14.00 horas).

Contido.

-O marco xurídico penal.

-Autor e vítima nos delitos sexuais.

-Aspectos procesuais (1): a investigación do delito.

-Aspectos procesuais (2): as intervencións do avogado e do fiscal.

-O papel da medicina legal e a policía científica.

-Recapitulación e conclusións.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 26 de marzo a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 886 20 61 09/10/17/18/24.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na salón de graos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ao remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nestas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 4 de marzo de 2008.

P.S. (disp. 1ª Orde 31-1-2008)

(DOG nº 23, do 1-2-2008)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "05000D009P055.PDF"