DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 11 de marzo de 2008 Páx. 4.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo para as fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia, referente á aprobación da regularización salarial e á aprobación das táboas salariais para o ano 2008.

Visto o acordo polo que se aproba a regularización salarial e a aprobación das táboas salariais para o ano 2008, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo para as fábricas de taboleiro do grupo Finsa en Galicia, na xuntanza que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2008, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Anexo

Acta de aprobación de táboas salariais do convenio colectivo das fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia

Ás 11.00 horas do día 25 de xaneiro de 2008, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas a continuación relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio de referencia,

-Parte social:

a) Por UGT:

-Álvaro Gabino Lois Fernández, DNI nº 33239000.

-Miguel Ángel Fernández López, DNI nº 33343201.

-Miguel Álvarez Castiñeiras, DNI nº 76867198.

-Miguel Ángel Pereiro Balseiro, DNI nº 34996643.

b) Por CC.OO.:

-Serafín Buceta Cascallar, DNI nº 33221843.

-Ricardo Figueira Rodríguez, DNI nº 33264606.

-Esteban Boquete Landeira, DNI nº 33301270.

-Rubén Cao Rodríguez, DNI nº 44456788.

En representación da empresa:

-Francisco Roca López, DNI nº 33851161.

-Javier Portela López, DNI nº 35256743.

-Modesto Vázquez Vilares, DNI nº 33287691.

-Luis Castro Besada, DNI nº 35293016.

-Alejandro Míguez Viqueira, DNI nº 33279058.

-Ana Carreiras Alba, DNI nº 32816094.

-Pilar Rodríguez Castillo, DNI nº 34993476.

-Ramón Vázquez Lista, DNI nº 32753769.

Unha vez constatados os datos de inflación correspondentes ao ano 2007, a comisión paritaria do convenio, adopta, por unanimidade, este acordo de aprobación de regularización salarial e aprobación de táboas salariais do ano 2008.

Primeiro.-No convenio colectivo establécese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio para o ano 2007 igual ao índice de prezos de consumo (IPC) acumulado de 2007 máis 1 punto.

As táboas salariais o 1 de xaneiro de 2007 calculáronse tomando como referencia unha cifra de IPC previsto do 2%.

Debido a que o IPC acumulado de 2007 alcanzou a cifra do 4,2% procede unha regularización de conceptos económicos do 2,2%, con efectos retroactivos o 1 de xaneiro de 2007, nos termos pactados no convenio colectivo.

Segundo.-O pagamento das cantidades que correspondan por atrasos realizarase dentro do mes seguinte ao de sinatura deste acordo.

Terceiro.-Os importes económicos actualizados o 31 de decembro de 2007 servirán como base para calcular o incremento de convenio correspondente ao ano 2008, sobre os que se aplicará un incremento económico do IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado (2%), máis 1 punto, o que supón aplicar un incremento económico 3%.

Cuarto.-As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias para os anos 2007 e 2008 son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan a esta acta, unha vez aplicados os incrementos descritos nos números anteriores.

Os incrementos económicos sinalados aplicaranse igualmente aos complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento, mantendo os valores do ano 2003, en que se alcanzou o acordo para o rateo a doce meses do importe anual do complemento de locomoción, que se recolle no anexo III desta acta.

Sexto.-De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes ao complemento de locomoción achegaranse ao plan de xubilación.

O valor do complemento de locomoción medio o 1 de xaneiro de 2007 será de 79,61 euros, establecéndose o valor actualizado da achega ao plan de xubilación en concepto de locomoción do ano 2007 regularizado en 26,74 € mensuais.

A diferenza sobre o valor anterior, 1,57 € mensuais achegarase ao plan de xubilación, conxuntamente cos atrasos.

O valor do complemento de locomoción medio o 1 de xaneiro de 2008 será de 82 €, establecéndose o valor actualizado da achega ao plan de xubilación en concepto de locomoción do ano 2008 en 28,93 € mensuais.

Sétimo.-O complemento de xornada por mes efectivamente traballado, ascenderá ás seguintes contías mensuais:

Ver referencia pdf "05000D007P050.PDF"

Nos importes de 2007 está incluído o incremento lineal de 10,5 euros mensuais establecido no artigo 36 nº 2 do convenio para os complementos de xornada.

A partir do 1 de xaneiro de 2008, a porcentaxe aplicable ao salario base para retribuír o complemento de nocturnidade será do 27%.

Oitavo.-O importe das compensacións económicas pactado como compensación por traballo efectivo nos días de Nadal terán para o ano 2007, unha vez regularizado, os valores seguintes:

Ver referencia pdf "05000D007P050.PDF"

Noveno.-O importe do complemento de continuidade de produción terá un importe de 39,23 euros mensuais no ano 2007 regularizado e de 40,41 euros mensuais a partir do 1 de xaneiro de 2008.

Decimo.-A bolsa de vacacións prevista para o sistema de vacacións do serradoiro establécese no convenio colectivo en 180 euros como valor definitivo para 2007, ano en que se iniciou o novo sistema de desfrute de vacacións. Por tanto, non procede realizar regularización deste valor.

Para 2008 o importe da bolsa de vacacións para o sistema de vacacións do serradoiro queda establecido en 185,40 euros.

A compensación por redución do período de vacacións continuado a 14 días por necesidades produtivas, prevista no texto do convenio para os sistemas de dous e medio e tres e medio e para la sección de serradoiro, cun valor definitivo para 2007 de 450 euros, queda establecida en 463,50 euros para 2008.

De conformidade co establecido no convenio a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución quedando establecida no valor de 22,78 euros mensuais.

A compensación de transporte para o persoal do centro de Cesures e os traballadores do cadro de persoal de Fibranor, establécese en 18,37 euros como valor para o ano 2007 regularizado e en 18,92 euros para o ano 2008.

A contía da mellora social pasará a ser de 5 euros a partir do 1 de xaneiro de 2008.

O quebranto de moeda será de 37,15 euros para 2007 e para 2008 será de 38,26 euros.

Décimo primeiro.-O importe do complemento de especialidade de mantemento, unha vez aplicados os incrementos terán os seguintes valores:

Categorías 2007 2008

Oficial 1ª e 2ª 258,95€ 266,72 €

Oficial 3ª 172,63 € 177,81 €

Décimo segundo.-O exceso de xornada calcúlase dividindo o salario base anual por categoría ou grupo profesional entre o número de horas de traballo pactadas en cada anualidade, cuxo importe se reflicte no anexo II das táboas salariais do ano 2007, unha vez regularizadas, e no anexo II das táboas de 2008.

Décimo terceiro.-As horas funcionais serán retribuídas a razón do 80% do valor da hora extra establecida no anexo II do convenio para cada categoría profesional.

Décimo cuarto.-Delegar en Francisco Roca López, para que presente esta acta e os seus anexos na Dirección Xeral de Traballo, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, e se proceda ao rexistro e depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo de regularización de conceptos e incremento económico para o ano 2008 do convenio colectivo das fábricas de taboleiro do grupo Finsa en Galicia.

E en proba de conformidade, ratificando en todos os seus extremos esta acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

Ver referencia pdf "05000D007P050.PDF"