DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 11 de marzo de 2008 Páx. 4.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de febreiro de 2008 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Ourense o folión tradicional do Entroido de Manzaneda, que se celebra en Manzaneda (Ourense).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de febreiro de 2008, adoptou, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Ourense o folión tradicional do entroido de Manzaneda, que se celebra no entroido, no Concello de Manzaneda, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento co disposto no artigo 20 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2008.

P.D. (Orde 23-10-2007)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria