DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 10 de marzo de 2008 Páx. 4.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 25 de febreiro de 2008 pola que se acorda a cesión en propiedade de cincuenta e tres cadeiras do centro de formación profesional ocupacional de Lugo á Asociación Cultural O Caxigo da Fonsagrada.

A Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, exixindo o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta á cal a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

A Asociación Cultural O Caxigo da Fonsagrada, con CIF: G27324870, carece de fins lucrativos segundo se desprende dos seus estatutos. Esta entidade solicitoulle á Consellería de Traballo a cesión de cadeiras que xa estean en desuso, para fins sociais da asociación.

Para tal fin, a Consellería de Traballo tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Polo exposto e, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade a favor da Asociación Cultural O Caxigo da Fonsagrada de cincuenta e tres cadeiras de estrutura de tubo rectangular de 30*15, con asento e respaldo en madeira contrachapada dadas de alta no inventario do centro de formación profesional ocupacional de Lugo con nº de matrícula 931903, o 7 de novembro de 1979.

As devanditas cadeiras están na actualidade desafectadas do funcionamento operativo da unidade polo seu grao de obsolescencia e estado de uso.

Artigo 2º

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 35 bis, da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autómona de Galicia, e 96 bis, do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social da Asociación Cultural O Caxigo da Fonsagrada. Concretamente destinaranse a fins sociais da asociación.

b) Coa cesión outórgaselle á Asociación Cultural O Caxigo da Fonsagrada a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen aos fins sinalados, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán na Comunidade Autónoma de Galicia que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioracións que experimentasen.

d) Serán por conta da entidade cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3º

As devanditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue e debe constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da Consellería de Traballo para ditar e realizar as resolucións e trámites necesarios para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2008.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo