DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 10 de marzo de 2008 Páx. 4.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de marzo de 2008 pola que se constitúe o colexio rural agrupado de Monterrei da provincia de Ourense.

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Monterrei, tramitado pola Delegación Provincial de Ourense.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve este decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido regulamento, e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituír o colexio rural agrupado de Monterrei, cos datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Monterrei as escolas, que se suprimen como tales, de: EEI da Xironda (código 32004416), EEI de Vences (código 32015761), EEI de Vilaza (código 32007648), EEI de Feces de Abaixo (código 32015864), EEI de Pazos (código 32014768).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo, de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Monterrei.

Localidade: Albarellos.

Enderezo: antiga EEI Campo do Souto, s/n.

Centro: colexio rural agrupado de Monterrei.

Código de centro: 32020801.

Zona educativa: Verín.

Unidades: 5 EI.

Ver referencia pdf "04900D005P019.PDF"