DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 10 de marzo de 2008 Páx. 4.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de marzo de 2007 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa prevención e eliminación da violencia de xénero.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro Orde do 12 de marzo de 2007 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia, dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa prevención e eliminación da violencia de xénero.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen a seguinte finalidade:

-Mellorar a percepción social sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

-Mellorar as condicións sociais e culturais de partida para as mulleres e fomentar a súa participación.

-Desenvolver canles de información e asesoramento.

-Atender a mulleres cunha problemática específica.

-Impulsar os programas de transversalidade de xénero no ámbito municipal.

Norma reguladora.-Orde do 12 de marzo de 2007 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa prevención e eliminación da violencia de xénero.

Crédito orzamentario: 200.000 euros, con cargo ás seguintes partidas orzamentarias:

-05.20.313B.460.0: 100.000 euros.

-05.20.313D.460.1: 100.000 euros.

Entidades locais beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexos I e II.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "04900D002P009.PDF"