DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 10 de marzo de 2008 Páx. 4.056

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 18 de xuño de 2007, pola que se convocan axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 18 de xuño de 2007 pola que se convocan axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

Finalidade da axuda: axudas económicas para subvencionar o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais de Galicia.

Norma reguladora.-Orde do 18 de xuño de 2007 pola que se convocan axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais (Diario Oficial de Galicia nº 128, do 3 de xullo de 2007).

Crédito orzamentario: 3.547.177 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.20.312G.460.2. Estas actuacións están cofinanciadas polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

As entidades locais beneficiarias e o importe das axudas concedidas a cada unha delas expresado en euros recóllense no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "04900D001P008.PDF"

Ver referencia pdf "04900D002P009.PDF"