DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2008 pola que se comunica a denegación dunha axuda a Asociación Galega de Empresas Consultoras, titular do expediente IG128.2007.1.45, relativo a diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da Asociación Galega de Empresas Consultoras, titular do expediente IG128.2007.1.45, relativo a diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos ao abeiro das bases reguladoras do Programa Innoempresa en Galicia (Resolución do 9 de maio de 2007, DOG nº 96, do 21 de maio), que con data 4 de decembro de 2007 o director xeral do Igape resolveu denegar a axuda solicitada.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de denegación esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante o director xeral do Igape no prazo máximo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo máximo de dous meses, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2008.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica