DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2008 pola que se fan públicos os premios da convocatoria 2007 a proxectos empresariais de colaboración entre empresarios galegos e de orixe galega no exterior.

Mediante Resolución do 14 de novembro de 2007 fixéronse públicas as bases reguladoras para a convocatoria en 2007 de premios a proxectos empresariais de colaboración entre empresarios galegos e de orixe galega no exterior (DOG nº 225, do 21 de novembro).

Nas ditas bases, no seu artigo 3, establecíanse dúas categorías de premios: premio a asociacións e premio a proxectos individuais. Na categoría de premio a proxectos individuais dous tipos: un premio a proxectos xa materializados cunha antigüidade máxima de tres anos e un premio a proxectos que se van implantar.

O xurado nomeado para o efecto, na súa xuntanza do 21 de xaneiro de 2008, logo de deliberación, valorou positivamente o nivel xeral de proxectos presentados e tendo en conta os criterios de avaliación establecidos nas bases reguladoras da axuda, adoptou a súa decisión.

Vista a decisión do xurado, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.- Publicar os premios concedidos ao abeiro das bases reguladoras para a convocatoria en 2007 de premios a proxectos empresariais de colaboración entre empresarios galegos e de orixe galega no exterior:

Ver referencia pdf "04700D014P081.PDF"

Os destinatarios dos premios con carácter previo ao seu aboamento deberán acreditar a súa identidade (acta fundacional ou de constitución no caso de asociacións, escritura de constitución no caso de empresas ou DNI no caso de persoas físicas) e para os efectos do seu pagamento deberán achegar a este instituto o número de identificación fiscal e os datos bancarios completos para proceder á correspondente transferencia bancaria.

Os destinatarios destes premios aceptan que os datos facilitados en relación cos proxectos que se van implantar e coas oportunidades de negocio que se presentan a estes premios poidan ser obxecto de difusión polo Igape.

Esta resolución esgota a vía administrativa e poderá ser impugnada polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2008.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica