DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade ICA centro de formación, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

ICA centro de formación.

R/ Portela, 12 interior. O Calvario, 36205 Vigo (Pontevedra).

Tel.: 986 37 77 79. Fax: 986 26 53 00.

3. Data.

Os días 24, 25, 26 e 31 de marzo e o día 1 de abril de 2008.

4. Lugar de celebración.

Instalacións de Zelnova, S.A.

Polígono Industrial Torneiros s/n, apartado 7, 36400 O Porriño (Pontevedra).

5. Duración.

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

6. Horario.

Os días 24, 25, 26 e 31 de marzo das 16.00 ás 20.00 h, e o día 1 de abril das 16.00 ás 21.00 h.

7. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

8. Dirixido a persoal auxiliar de Zelnova, S.A. que realiza tarefas de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

9. Programa.

Ver referencia pdf "04700D009P075.PDF"

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2008.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública