DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de xaneiro de 2008 pola que se aproba o deslindamento parcial dos montes veciñais en man común das parroquias de Gargamala e Toutón, pertencentes ás comunidades do mesmo nome do concello de Mondariz (Pontevedra).

Advertidos erros na antedita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 28, do venres, 8 de febreiro de 2008, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 2.193 debe engadirse un punto sétimo, despois do sexto:

«Sétimo.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».